CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Comercializan a primeira chaqueta con calefacción incorporada

Publicado o 08/01/2015 15:24


E tomen nota para os duros días de inverno. Dúas empresas galegas puxeron no mercado a primeira chaqueta do mundo con calefacción incorporada; o usuario pode escoller a temperatura desexada a través dunha aplicación de móbil.

Tan sinxelo como marcar un número de teléfono. O sistema Hitum, permite manexar a temperatura desta peza de roupa creando unha especie de bolsa cun ambiente estabilizado.

Nos talleres de Trivi encárgase de todo o proceso téxtil, desde as confeccións ata a colocación das finas resistencias que proporcionan a calor, un material desenvolvido polo CTAG. Da tecnoloxía que permite o control de todo o sistema cun simple 'smartphone', encárgase a empresa coruñesa SCIO.

En condicións ambientais extremas o sistema ten unha autonomía de 8 horas, pero en condicións normais, pode durar ata varios días. Se a quitas, iso si, apágase a calefacción, o que se di, unha chaqueta intelixente.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí