CRTVG

Buscar

Comenzan as obras da nova terminal de autobuses de Vigo

Publicado o 02/12/2019 14:28

A nova estación de buses estará ao carón da do tren e do centro comercial que se está contruíndo sobre a terminal ferroviaria, co que estará conectado a travén dun túnel. Calculan que cada día as entradas e saídas de autobuses cheguen ás 500. O alcalde de Vigo destaca a colaboración entre as administracións para levar adiante este proxecto tan complexo no centro da cidade.

"Seguimos avanzando en Vigo e seguimos camiñando na senda que queremos. Moitas grazas, presidente, polo voso traballo, pola vosa acción e por facer que isto sexa unha realidade irreversible", asegurou Abel Caballero.

Feijóo dixo que esta obra é un exemplo paradigmático da colaboración leal entre administracións e asegurou que a de Vigo é a intermodal á que máis cartos está dedicando a Xunta.

"Estou moi satisfetio de poder seguir acreditando que a Xunta é a administración que máis inviste en Vigo. E sentímonos satisfeitos de poder seguir colaborando en proxectos como a intermodal ou a Cidade da Xustiza, porque estas cousas son as que realmente cambian Vigo", afirmou Feijóo.

O presidente animou a seguir traballando xuntos na chegada do AVE, a liberalización da peaxe de Redondela ou a nova autovía Vigo-O Porriño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019