CRTVG

Buscar

Comentarios racistas de Trump contra catro congresistas demócratas

Publicado o 15/07/2019 08:31

No medio da súa campaña contra os inmigrantes, Donald Trump atacou catro congresistas demócratas, todas elas mulleres e con raíces familiares fóra dos Estados Unidos, cun comentario racista nas redes sociais.

O presidente invitou as catro congresistas, entre elas Ocasio-Cortez, a regresar aos países dos seus pais, dos que asegura teñen gobernos corruptos e ineptos, para axudar a arranxalos antes de dicirlle ao pobo estadounidense como debe xestionarse o seu Goberno. Ocasio-Ortez contestoulle a Trump lémbrandolle que o país do que vén e ao que todos xuran fidelidade é os Estados Unidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019