CRTVG

Buscar

Combarro, un paseo entre hórreos e cruceiros pegados ao mar

Publicado o 07/08/2019 13:52

Por el non pasa o tempo. Construído sobre o granito pegado ao mar, a sucesión de hórreos e cruceiros históricos e as súas casas de pedra son o mellor expoñente da arquitectura popular galega.

Desde a época medieval a historia de Combarro está inevitablemente ligada ao mosteiro de Poio. Tres son os elementos que lle dan vida: os cruceiros, as casas mariñeiras e os hórreos, convertidos nun símbolo.

Os cruceiros, cunha particularidade engadida: a figura da virxe sempre vai dirixida cara ao mar, mentres que o Cristo mira cara á terra. Os hórreos, aliñados cara a costa. E as casas, de granito, apoiadas sobre columnas que dan lugar aos soportais e cos balcóns mirando o mar, sen perder detalle da ría de Pontevedra.

Combarro, a vila onde, en palabras de Otero Pedrayo, "o carro de labranza descansa á beira da barca mariñeira".






 

Noticias web

07/08/2019