CRTVG

Buscar

Comarcas mineiras reclaman alternativas industriais ao carbón

Publicado o 07/02/2020 15:15

Son alcaldes dunha vintena de comarcas mineiras de toda España que reclaman desde As Pontes unha transición enerxética xusta. Din que contribuíron durante décadas ao desenvolvemento enerxético do país e esixen a posta en marcha de novos proxectos que palíen a perda de postos de traballo. 

"Para non deixar na estacada dous colectivos que teñen data de caducidade. Son os traballadores das empresas auxiliares e o colectivo de transportistas", asegurou Valentín González Formoso, alcalde das Pontes.

O Goberno recoñece que o reparto de fondos europeos non favorece a España, pero que se están a buscar alternativas.

"Parécenos que o repartimento non foi bo para España e é un dos elementos que estamos negociando, e estámolo facendo coa forza que require", di Laura Martín Murillo.

Polo momento, o Ministerio para a Transición Ecolóxica aínda non ten data para a xuntanza da Comisión de Seguimento que reúne sindicatos, empresas e administracións na busca de alternativas ao carbón.

Noticias web

07/02/2020