CRTVG

Buscar

Colombia reforza a fronteira ante o aumento do éxodo dos venezolanos

Publicado o 09/02/2018 21:33

 

Colombia endurece o control migratorio na fronteira con Venezuela con máis de 3.000 efectivos policiais e militares. Os venezolanos que estean xa en Colombia deben regularizar o seu status no prazo de dous meses e será obrigatorio selar o pasaporte para cruzar a fronteira. Ademais construirá un centro de acollida para 2.000 persoas co apoio da ONU. Medio millón de venezolanos fuxiron da crise económica nos últimos meses e máis de 30.000 cruzan cada xornada os pasos fronteirizos en busca de comida ou menciñas ou para gañar a vida. O presidente Santos pediu xenerosidade con todos eles. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018