CRTVG

Buscar

Collen o chibo que comía as flores no cemiterio de Noalla

Publicado o 29/01/2020 14:38

Un grupo de veciños da parroquia de Noalla, en Sanxenxo, atrapou un castrón que polas noites irrompía no cemiterio para comer as flores que estaban ao seu alcance. O godallo fuxira da súa corte, próxima a un cemiterio da veciña Vilalonga, e durante tres semanas estivo achegándose ao camposanto de Noalla de madrugada.

Finalmente collérono e o castrón xa volveu á súa corte. Tratamos de saber máis desta historia co encargado do cemiterio, que foi quen dirixiu a operación, pero o responsable da parroquia non o autorizou a contar a historia nin a nós a gravar dentro do camposanto. O dono do animal tamén rexeitou facer declaracións.

Noticias web

29/01/2020

Máis sobre Sanxenxo