Collen na allada os atracadores dun casino en Tenerife
Publicado o 02/11/2020 12:41
A Garda Civil frustrou un atraco á man armada nun pequeno casino situado en Arona, Tenerife.
O momento en que os catro supostos delincuentes foron sorprendidos polos axentes quedou rexistrado polas cámaras de seguridade do establecemento. Este grupo xa estaba sendo vixiado desde que no mes de agosto roubaran nunha sucursal bancaria. Daquela escaparon, pero a Garda Civil seguiulles a pista e puido detelos neste novo atraco.