Multiplícanse as reservas para o verán nos establecementos turísticos de 'glamping'
Publicado o 25/05/2021 21:05
A contorna da lagoa da Frouxeira é unha ventá ao océano Atlántico. Son precisamente estas vistas as que busca quen elixe acampar nestas tendas de glamping. As reservas disparáronse desde hai dúas semanas.
O turismo interno segue a ser o principal motor da actividade destes establecementos turísticos.
E o mesmo está a ocorrer noutras instalacións de glamping en Galicia. Despois dun ano complicado, o sector fai balance e é optimista.
Aínda así neste cámping din que este verán autolimitarán a ocupación ao 70 % para maior comodidade dos turistas que decidan pasar o seu tempo de lecer aquí.