Collboni considera "vergoñenta" a sinatura promovida polos grupos independentistas
Último día de campaña en Cataluña que vén marcada por ese cordón sanitario ao Partido Socialista, e ao seu candidato Salvador Illa. Marcos Sueiro entrevista en Barcelona a Jaume Collboni, secretario de Política Municipal do PSC.
Jaume Collboni considera que os socialistas teñen opcións reais de gañar e cambiar a situación en Cataluña. A vitoria, asegura, suporía acabar co proceso independentista e pasar páxina a una década marcada pola política de bloqueo. Segundo explica, o obxectivo é garantir a normalización institucional e atender as prioridades da cidadanía.
Collboni cualifica de “vergoñenta” a sinatura promovida polas formacións independentistas para non pactar co seu partido. “Iso faise en Europa só contra a ultradereita”, apunta, “e en España non se fixo contra Vox”. Dende o seu punto de vista, demostra “ata que punto o independentismo degradou as institucións e o debate político”.
O dirixente socialista subliña que o propósito do candidato non é a confrontación senón a reconciliación da sociedade catalá, “saturada” de vivir no conflito sistemático. Considera que a política de bloques non é a solución, senón "o diálogo" e os "acordos respectando as leis".