CRTVG

Buscar

Coliden dous vehículos en Pontevedra e un remata esnafrado na terraza dunha cafetería

Publicado o 31/07/2019 14:26

Os clientes e os empregados dunha cafetería de Pontevedra aínda teñen o medo no corpo. Unha colisión entre dous vehículos acabou cun deles dentro nunha das cristaleiras. No momento do sinistro había na terraza unha moza, que se salvou por décimas de segundo. Afortunadamente, todo quedou nun susto e só quedou ferida leve a condutora da furgoneta.

Vendo a situación en que quedou a furgoneta e o estado da terraza, parece incrible que este sinistro rexistrado en Pontevedra non acabase en traxedia. No momento do accidente había varios clientes no exterior da cafetería, pero, afortunadamente, reaccionaron a tempo e evitaron acabar atropelados. Así e todo, os primeiros axentes en chegar ao lugar temeron o peor.

Ata o lugar do sinistro tamén se desprazou unha ambulancia medicalizada para atender a condutora da furgoneta, que quedou ferida leve.

Como é habitual nestes casos, a policía local realizoulles a proba de alcolemia aos ocupantes dos dous vehículos implicados no accidente. Os dous deron negativo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019