CRTVG

Buscar

Cólgase do tendal para evitar ser violada polo seu pai en Valencia

Publicado o 07/08/2019 20:32
Cólgase do tendal para evitar ser violada polo seu pai en Valencia

A policía detivo en Valencia un home de 38 anos por intentar violar a súa filla, de 14. Os axentes localizaron a menor colgada do tendal do cuarto piso en que vivía. Intentaba así escapar do pai para evitar que a agredise sexualmente.

A rapaza estaba no piso con dous irmáns máis novos. Contou que o acoso do pai era constante, e que chegou a durmir cunhas tesoiras debaixo da almofada polo medo que lle tiña.

O home está detido por un presunto delito de abuso sexual e pasará a disposición xudicial nas próximas horas.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019