Colexios de médicos e enfermaría apoian o plan de vacinación da Xunta, pero piden reforzar Atención Primaria
Publicado o 21/12/2020 20:50

Continúa a rolda de contactos da Consellería de Sanidade con todos os sectores involucrados no plan de vacinación contra a covid.
Julio García Comesaña e o xerente do Sergas mantiveron hoxe reunións telemáticas cos colexios oficiais de enfermería e de médicos. O conselleiro de Sanidade agradeceulles aos profesionais de ambos colectivos a súa receptividade ante o plan. A vacinación comezará en Galicia tan pronto se reciba a primeira partida de vacinas.