CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Colexiados galegos din que só os podólogos fan estudos de pisada profesionais, fronte ás probas en centros comerciais ou deportivos

Publicado o 02/05/2018 21:19
O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que, para garantir unha diagnose correcta das patoloxías dos pés débese acudir a un especialista. Critica o colectivo a tendencia cada vez máis estendida de realizar estudos de pisadas, para recomendar calzado, en tendas deportivas.


E nome dos catrocentos podólogos que representa o Colexio Oficial de Galicia, fai fincapé en que só profesionais competentes, cos coñecementos sanitarios axeitados, están cualificados para facer diagnoses e dar tratamentos, pero mesmo para facer estudos de pisada completos.Para garantir a súa saude, di o Colexio de Podólogos galegos, cómpre unha diagnose exhaustiva que será a que permitirá orientar a persoa sobre as actividade físicas que a benefician ou prexudican , como facelas, como tratar cada lesión, e mesmo sobre que calzado empregar, especialmente, no caso dos afeccionados ao running ou ao sedeirismo xa que, a cada paso, e nunca mellor dito, son máis.

Avanzan as prácticas do running e do sendeirismo, cuxos afeccionados, como calquera camiñante, substentan parte da súa saúde no que a substenta, unhas estruturas anatómicas complexas, composta por 28 ósos, 33 articulacións e un cento de tendóns, por cada pé. Por iso, o Colexio Oficial de Podólos de Galicia alerta de que as probas de pisada, cada vez máis frecuentes, feitas en centros deportivos ou comerciais, non están avaladas pola formación nin cualificación oficial precisas dun profesional. Chaman a elixir un dos 400 podólogos colexiados que hai en Galicia.

"Un estudo profesional e correcto da pisada ten que facer valoracións de cúbito, deitados, boca arriba e boca abaixo, tamén sentados... Debe facerse cuns sistemas gonométricos que nos cuantifiquen os rangos de movementos. Tense que valorar as articulacións e tamén a elasticidade muscular non só no pé senon tamén no membro inferior. Tamén hai que facer probas en estático e en dinámico. Temos que ver os tipos de apoios, as torsións... Cómo se desenvolve o pé tanto en parado coma en movemento. Podemos tamén con máquinas apoiar a diagnose e no caso de precisalo o paciente, cada tratamento concreto. Para iso podemos empregar bancos de movemento, plataformas de presión, sensores sinserciais, plantiñas instrumentais... Todo iso apoia e axuda pero o fundamental é a especialización, a formación oficial e correcta do podólogo, do profesional", explica Pablo Bernardo, especialista en estudos de pisada, podólogo en Sada e membro do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.

E da práctica clínica, aos costumes prácticos: hidratar ben os pés, manter seco o calzado, e non estrealo xusto antes dunha proba, empregar calcetíns técnicos que non engurren e cremas antifricción, axustar ben os cordóns, e cortar ben e en cuadrado as unllas dos pés, revisalos logo de adestrarse por se aparecesen feridas ou ampolas, pero sobre todo, diagnosticalos e coidalos cun profesional.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

02/05/2018