CRTVG

Buscar

Colectores cheos e bolsas do lixo amoreadas nos oito concellos afectados pola folga na planta de Lousame

Publicado o 13/10/2021 14:33

No Milladoiro, no concello de Ames, tres días sen recollida de lixo deixan imaxes coma esta. Colectores cheos e as bolsas e residuos amoreados nas beirarrúas.

Son as consecuencias da folga que o luns protagonizaron os traballadores da planta de compostaxe de Lousame, á que se sumou a xornada festiva do martes, en que non hai recollida. Lixo amoreado que coa calor derivou en fortes cheiros.

A folga de traballadores para reclamar o mantemento da actividade deixou sen servizo 8 concellos. Os núcleos urbanos foron onde máis se deixou sentir, polo que pediron aos veciños que limitasen os depósitos de lixo. Unha medida con poucos resultados.

Os veciños agardan que esta noite a empresa retome a actividade e o servizo de recollida se normalice.

Noticias web

13/10/2021