Colectivos negacionistas do coronavirus de toda España protestan en Santiago
Publicado o 21/02/2021 09:27
Unha manifestación convocada por colectivos negacionistas de toda España percorreu este sábado as rúas de Santiago.
Protestaban, sobre todo, pola reforma da Lei de saúde galega, que actualmente se está debatendo no Parlamento de Galicia, onde se detiveron a berrar as súas consignas, e que denominan Lei Auschwitz.
A marcha foi convocada pola asociación Policías pola Liberdade e secundada por colectivos que cuestionan as decisións sanitarias para loitar contra o coronavirus.
A manifestación transcorreu sen incidentes, e rematou na praza do Obradoiro, onde se leu un manifesto.