CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Colectivos animalistas intentan impedir a caza do raposo en Dozón

Publicado o 20/01/2018 21:32
Colectivos animalistas intentaron impedir esta mañá, en Dozón, Pontevedra, que se desenvolvera o campionato galego de caza do raposo, organizado pola Federación Galega de Caza. Ataviados con pandeiretas e chifres, representantes dunhas 20 asociacións e particulares, perseguiron os cazadores polo monte, para espantar os raposos e conseguir que matasen os menos posibles. Denuncian unha práctica prohibida noutros países da Unión Europea, aludindo que estas cacerías non poden ser consideradas actividades deportivas, cando son, din, matanzas inxustificadas.