CRTVG

Buscar

Colau pediralle ao Prat que elimine a ponte aérea con Madrid para combater a contaminación

Publicado o 09/01/2020 09:59

O Concello de Barcelona proporalle ao aeroporto do Prat que elimine a ponte aérea Madrid-Barcelona. Colau quere suprimir todas as liñas que teñan unha alternativa ferroviaria, como é o caso deste voo, co obxectivo de reducir as emisións producidas polo tráfico aéreo. A alcaldesa vai trasladarlle a petición ao Goberno central e á Generalitat.

A conexión entre Madrid e Barcelona é a que ten máis actividade no Prat. En 2019 utilizárona 2,3 millóns de pasaxeiros.

Noticias web

09/01/2020