Colau estuda pór unha peaxe para entrar en Barcelona para frear a contaminación
Publicado o 18/07/2019 09:27

A alcaldesa de Barcelona estuda a posibilidade de poñer unha peaxe de entrada á cidade a partir do mes de xullo do ano que vén. Ada Colau dixo que esta é unha das medidas previstas ante a situación de emerxencia climática. Desde o un de xaneiro xa haberá restricións de vehículos na cidade.
A alcaldesa asegurou que, se na chamada zona de baixas emisións a contaminación non descende o suficiente nos seis primeiros meses, impulsarán novas iniciativas.