CRTVG

Buscar

Colau a Sánchez: "Teredes en Barcelona a principal aliada para a nova etapa"

Publicado o 07/02/2020 11:11
Colau a Sánchez: "Teredes en Barcelona a principal aliada para a nova etapa"

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, aseguroulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que terá na capital de Cataluña a "principal aliada na nova etapa de diálogo" co Goberno catalán.

Colau fixo esta reflexión na declaración que fixo xunto a Sánchez tras reunirse con el no Concello de Barcelona, e tamén celebrou o punto de inflexión que se marcou onte entre o Goberno e a Generalitat tras a entrevista do xefe do Executivo co presidente catalán, Quim Torra.

Sánchez, pola súa banda, subliñou tamén que se abre unha nova etapa para a política española e a catalá, prometeu que a súa "axenda para o reencontro", coas propostas que entregou a Torra non será un mero documento, senón que supoñerá a acción real do Goberno, e recalcou que, neste contexto, é "vital" a relación coa cidade de Barcelona.