CRTVG

Buscar

'Roma' do mexicano Alfonso Cuarón gaña nos Bafta, premios avance dos Oscar

Publicado o 11/02/2019 08:46

"ROMA", do mexicano Alfonso Cuarón, logrou o premio BAFTA á mellor película na gala celebrada onte no Royal Opera House de Londres. Premios do cine da academia británica/"Roma", galardoada como Mellor Película
O filme, que narra o drama dunha empregada doméstica no México da infancia do director, obtivo outros tres galardóns: Mellor dirección, Mellor película de fala non inglesa e Mellor Fotografia. A súa gran competidora "La favorita", a historia da raíña Ana, a última soberana da dinastía dos Estuardo, logrou 6 premios, entre eles o de mellor actriz principal para Olivia Colman. Rami Malek foi galardoado como mellor actor por "Bohemian Rhapsody".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019