CRTVG

Buscar

Os ximnasios terán que agardar á fase 3 para poder reabrir

Publicado o 25/05/2020 08:20

Hai varias actividades deportivas que se poden realizar dende hoxe. Ademais, volven as competicións, e os adestramentos. Pero non os ximnasios. 

O goberno freou a súa apertura, atrásaa ata a fase tres da desecalada. O ministro de Sanidade considera que é un espazo que require especial atención, porque se fai un uso compartido de elementos e zonas comúns como vestiarios.

O que si que se permite nesta altura é o adestramento individual, con cita previa e sen contacto físico. 

Noticias web

25/05/2020