CRTVG

Buscar

Colas nas administracións de lotería para facerse co boleto do sorteo do Neno

Publicado o 03/01/2018 15:40

Útlimos días para facerse cun boleto para o sorteo do Neno. A fortuna que se repartiu co Gordo de Nadal en Galicia está a animar a moitos a probar sorte no sorteo deste sábado.

Tras a choiva de millóns que deixou o Gordo de Nadal son moitos os que se están a achegar estes días para facerse cun boleto do sorteo do Neno. Se falamos das terminacións preferidas volven saír o sete e o cinco.

As consecuencias do sorteo de Nadal son máis que evidentes nas administracións de lotaría. Moitos galegos aos que non lles tocou nada o 22 de decembro queren probar sorte co Neno. As colas nas administracións son continuas nestes días previos ao sorteo e os loteiros perciben este incremento nas vendas.

En canto ás terminacións máis demandadas polos galegos non atopamos sorpresas. Agora queda pedirlle ao azar que desta ocasión nos dea unha alegría.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018