CRTVG

Buscar

A crise económica leva as protestas e os disturbios ás rúas do Líbano

Publicado o 12/06/2020 08:02

Millerios de libaneses saíron de novo polas rúas de Beirut para protestar polo colapso da moeda local e pola grave crise económica que sofre o país.

Durante as marchas, grupos de manifestantes incendiarion varias oficinas bancarias, o cal orixinou enfrontamentos coas forzas de seguridade.

A protesta desta noite é o preludio da gran marcha convocada para mañá para esixir solucións á crise económica, que empeorou aínda máis coa chegada do coronavirus.

Noticias web

12/06/2020