CRTVG

Buscar

Facenda descobre novos ricos: Galicia ten 152 millonarios máis que no 2016

Publicado o 04/09/2019 11:58
Facenda descobre novos ricos: Galicia ten 152 millonarios máis que no 2016

En Galicia hai case oito mil contribuíntes que teñen máis de 700.000 euros de patrimonio e 300.000 de vivenda. Galicia ten 152 millonarios máis que no 2016, segundo os datos da Axencia Tributaria referidos ao imposto do patrimonio.

Madrid encabeza a lista dos máis ricos, segundo os datos de recadación, e a nosa comunidade está en segundo lugar, cun patrimonio medio de 5,2 millóns, debido a que aquí residen as maiores fortunas, as relacionadas con Inditex, Amancio Ortega e a súa familia.

Noticias web

04/09/2019