CRTVG

Buscar

Dúas enquisas predín a suba do PP, o estancamento do PSOE e unha baixada de Ciudadanos

Publicado o 07/10/2019 08:56

Coa vista posta no 10-N sucédense as enquisas. As últimas, publicadas por El Mundo e ABC, predín unha forte suba do Partido Popular. As sondaxes recollen o estancamento do PSOE e unha baixada de Ciudadanos, que podería perder practicamente a metade da súa representación parlamentaria.

Segundo a enquisa de El Mundo, o PP podería ampliar a súa bancada con 32 deputados e rozar os 100. O PSOE sumaría catro e seguiría gañando as eleccións con 127 escanos, un resultado similiar ao das pasadas xerais. Ciudadanos perdería máis da metade dos deputados. Quedaría con 24. Seguiríalle de preto Vox, que practicamente repite resultados, 22 escanos. Unidas Podemos pasa á terceira posición, con 32. Son dez menos que en abril. Con dez deputados, entraría no hemiciclo o partido de Errejón.

A enquisa do ABC tamén estanca ao PSOE, con 122 escanos. E sitúa o PP en segunda posición con 93, 27 deputados máis que nas pasadas xerais. Son prácticamente os escanos que perdería Ciudadanos, a metade dos conseguidos en abril. Quedarían con 29, os mesmos que Vox, que suma cinco. Unidas Podemos sería terceira forza política con 33, nove deputados menos que en abril. Máis País estrearíase con sete.

 

 

Noticias web

07/10/2019