CRTVG

Buscar

Un policía holandés suicídase despois de matar os seus fillos e ferir de gravidade a muller

Publicado o 10/09/2019 08:22

Tres persoas morreron e unha quedou en estado crítico nunha vivenda da localidade holandesa de Dordrecht, preto de Rotterdam.

Os veciños alertaron dun tiroteo dentro da casa en que vivía un policía coa súa familia. Segundo medios de comunicación locais, trátase dun caso de violencia machista: o axente de policía matou os dous fillos, feriu de gravidade a muller e despois suicidouse dun tiro.

Noticias web

10/09/2019