CRTVG

Buscar

Colapso no Delta do Ebro, "tomado" polas autocaravanas e o exceso de visitantes

Publicado o 04/04/2021 21:10

Esta ponte da Semana Santa está a xerar imaxes infrecuentes coma estas, co Delta do Ebro, en Cataluña, literalmente "tomado" por autocaravanas e outros vehículos.

Malia as advertencias sanitarias de restrinxir as viaxes, o número de visitantes está a colapsar esta zona, de especial interese ecolóxico.

O corpo de Axentes Rurais da Generalitat foi o que divulgou as imaxes aéreas, co pedimento de que se respecten as normas sanitarias, sobre todo de distancia.

Noticias web

04/04/2021