CRTVG

Buscar

Colapsa en Porto Rico o observatorio de Arecibo

Publicado o 04/12/2020 11:10

A caída do Observatorio de Arecibo supón o remate dunha etapa da investigación científica e tamén dunha parte do turismo de Porto Rico. A plataforma do radiotelescopio caeu debido a fallos estruturais que se viñan agravando desde agosto. Daquela rompeu un dos cables e a partir de aí foron quebrando máis fíos, ata que o martes pasado sucedeu iso.

Estaba previsto desmantelalo, pero a debilitación da estrutura non resistiu tanto tempo as 900 toneladas do que era un dos máis grandes radiotelescopios do planeta.

O de Arecibo permitiu observar obxectos e eventos exóticos do espazo e misteriosas explosións de ondas de radio. Foi clave na busca de asteroides axudando os astrónomos a detectar obxectos que suporían unha ameaza potencial para a Terra.

Tamén axudou na súa sona mundial o cinema, pois foi localización na rodaxe das películas Golden Eye e Contact.

Noticias web

04/12/2020