CRTVG

Buscar

Dous anos e tres meses de cárcere para unha muller por traficar con droga no Vao

Publicado o 28/02/2019 13:19

Unha muller detida no poboado chabolista do Vao, preto de Pontevedra, terá que cumprir dous anos e tres meses de cárcere por tráfico de drogas. O xuízo estaba fixado hoxe na Audiencia de Pontevedra. A acusada, que está en prisión por outras causas, interveu por videoconferencia para aceptar a condena.

O avogado dela e a fiscala chegaron a un acordo que rebaixa considerablemente a pena de seis anos de cárcere solicitada inicialmente pola Fiscalía. A acusada deberá aboar ademais unha multa de 340 euros, que é o valor das pequenas cantidades de heroína e cocaína que portaba cando a detivo a Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019