CRTVG

Buscar

Entran na casa dun garda civil en Monforte e rouban cinco pistolas

Publicado o 06/06/2021 20:35

Contámoslles agora un roubo curioso que se produciu en Monforte esta semana logo de entraren na vivenda dun garda civil e levar dela cinco pistolas e revólveres.

O ladrón ou ladróns forzaron a porta e, cando accederon ao domicilio, foron directamente ao armeiro, de onde subsraeron as armas, pero onde deixaron unhas vinte escopetas.

Aparentemente non levaron máis nada desta vivenda nin do domicilio de en fronte tampouco, malia que tamén forzaron a porta.

Dáse a circunstancia de que entre as pistolas roubadas está a arma regulamentaria do garda civil.
A Policía Nacional investiga os feitos.

Noticias web

06/06/2021