O programa Reencontros trae a Galicia a máis dun cento de emigrantes retornados
Publicado o 22/06/2019 17:28
E hoxe puidemos ver, todos xuntos, máis dun cento de emigrantes retornados grazas ao programa da Xunta Reencontros na casa.Volven a Galicia para redescubrir a súa terra de orixe e as súas xentes logo de varios anos ou décadas fóra.
Máis de 130 galegos maiores de 65 anos e procedentes da Arxentina, o Brasil, Venezuela, Cuba e o Urugai pasan unhas semanas en Galicia. Hoxe viviron unha xornada de confraternidade en Santiago xunto aos seus familiares. O secretario xeral de Emigración deulles a benvida.