CRTVG

Buscar

Un millón de especies, en perigo de extinción por mor do cambio climático

Publicado o 07/05/2019 08:10

O informe IPBES, impulsado pola ONU, sobre biodiversidade fala dun declive sen precedentes na historia da humanidade. Cun impacto non só medioambiental, senón tamén económico e sobre os obxectivos de sustentabilidade fixados polas Nacións Unidas.

O informe identifica e clasifica por primeira vez 5 impulsores directos dos cambios na natureza.
Un: cambios no uso da terra e do mar, alteración provocadas pola acción humana.
Dous: a sobreexplotación de organismos. En terceiro lugar, as emisións de gas de efecto invernadoiro, Outro dos factores é a contaminación e finalmente o efecto das especies foráneas invasoras. Un millón de especies están ameazadas de extinción a un ritmo vertixinoso.

Os 145 expertos de 50 países que realizaron este estudo, un dos máis amplos a nivel mundial, apremian máis ca nunca e instan aos gobernos a actuar tanto a nivel global como local.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019