CRTVG

Buscar

A vila de Marín lembra o seu pirata Gago de Mendoza cunha festa corsaria

Publicado o 17/08/2019 17:06

 E Marín semella hoxe unha vila pirata na súa oitava edición da festa corsaria. Unha cita que lembra a figura do corsario ou pirata bo da vila: Juan Gago de Mendoza que vivíu no século XIX.
Unhas dúas mil persoas participan arestora nun xantar na rúa, sen contabilizar os que fan o propio nos múltiples restaurantes da localidade.

A festa rematará esta noite ás once e media co "Desembarco pirata" da Batalla de Aguete no contorno da Praza de España.Cativos e maiores gozan desta festa que cada ano vai a máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019