CRTVG

Buscar

Falece José Luís Fidalgo Veloso, dianteiro do Dépor e do Real Madrid dos 60, que marcou unha época

Publicado o 14/11/2019 09:12

E hoxe o Deportivo lembra a figura do santiagués José Luis Fidalgo Veloso, un dos dianteiros que marcou toda unha época.

Nos anos 60 Veloso converteuse no cuarto máximo goleador da historia do Dépor, marcando 95 goles en sete temporadas. Tamén formou parte do Madrid que marabillou en Europa, onde gañou unha Copa de Europa e tres ligas. Na lembranza de todos, este gol que marcou ante o Ajax de Cruyff no Bernabeu.

Onte Veloso faleceu aos 82 anos de idade. Vaise un grande do fútbol galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019