CRTVG

Buscar

Máximas por riba dos 20 graos no sur de Galicia para esta fin de semana de Entroido

Publicado o 22/02/2020 17:27

Galicia está a gozar de temperaturas case primaverais: a máxima en Vigo está a ser de vinte graos, só sobrepasada por Ourense que pode chegar os vinte e tres. As temperaturas son óptimas para gozar deste tempo de troula polas rúas do país. Tendo en conta claro que as mínimas son moi baixas tamén de noite e madrugada: de oito en Vigo e tan só dous en Ourense, mellor estarán na Coruña cunha mínima de dez.

Noticias web

22/02/2020