CRTVG

Buscar

Aparecen dúas mulleres mortas nunha vivenda en Córdoba

Publicado o 11/02/2019 08:36

A Garda Civil investiga as causas da morte dunha muller de 80 anos e a súa filla, de 58, atopadas sen vida este domingo nunha vivenda dunha urbanización na localidade cordobesa de Santaella.

Segundo fontes próximas á investigación, os corpos non presentan, aparentemente, "sinais de violencia". Ao parecer, foron os veciños os que deron aviso á Policía Local tras comprobaren que as luces da vivenda levaban varios días acesas.

As autoridades están á espera de que o Instituto de Medicina Legal realice a autopsia. Mentres, a Garda Civil asumiu a investigación do suceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019