CRTVG

Buscar

Córtase nove horas a N-VI preto da Coruña pola instalación dunha pasarela

Publicado o 19/08/2019 21:18

Atención aos condutores que se desprazan pola Nacional Sexta nos accesos á Coruña porque nuns minutos volverá quedar cortado o treito que atravesa o concello de Oleiros. A colocación dunha pasarela para peóns obrigará a desviar a circulación polas zonas de Montrove e O Temple. O corte de tráfico prolongarase entre as dez da noite e as sete da mañá do martes. Os desvíos provisionais estarán sinalizados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019