CRTVG

Buscar

Adiaratou Iglesias, subcampioa do mundo de 100 metros

Publicado o 11/11/2019 20:24

Unha galega está abraiando o mundo enteiro no Mundial de Atletismo Adaptado de Dubai.
Falamos de Adiaratou Iglesias. A atleta paralímpica acadou a medalla de prata na proba de 100 metros cun tempo de 11,99. Bateu a segunda marca absoluta de Galicia. Só superada por Ana Peleteiro, que ten o récord galego con seis centésimas menos.

Pero a cousa non acaba aí. Adiaratou tamén se clasificou para a semifinal dos 200 metros e bateu o récord absoluto galego nesta distancia. Só ten un 10% de visión. Mañá pode seguir agrandando a súa fazaña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019