CRTVG

Buscar

O Lugo reforza a dianteira con Carlos Castro

Publicado o 17/07/2019 17:27

E o Lugo comeza a reforzarse. Na dianteira, faise coa cesión do asturiano Carlos Castro.

Castro procede do Mallorca, onde apenas tivo protagonismo a temporada pasada. Ten 24 anos e formouse na canteria de Mareo. Dianteiro de área, rápido, habilidoso... xa disputou máis de 50 partidos na Primeira División. O ano pasado xogou cedido no Elxe, onde marcou tres goles. Internacional Sub-21, Castro chega ao Lugo coa intención de demostrar o seu potencial. O asturiano será presentado mañá ao mediodía no Anxo Carro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019