O Seprona investiga a morte de catro cabalos mortos a golpes en Oia
A golpes cun ferro, sospeitan que morreron os cabalos que apareceron na serra da Groba, en Oia. De momento é o que desprende a análise que fixeron esta mañá veterinarios e axentes do Seprona, que manteñen aberta unha investigación para determinar a autoría dos feitos. Os gandeiros non se explican quen puido matar uns cabalos que no monte, non molestan a ninguén.
Esta mañá axentes do SEPRONA, veterinaios e gandeiros, examinaron o corpo dos animais mortos. Unha análise da que se desprende que morreon a golpes. Polas feridas que presentan pensan que alguén os golpeou cun ferro, despois de introducilos neste canal, que os gandeiros empregan para desparasitar as vacas.
Os propietarios dos cabalos, e en xeral os gandeiros, non se explican quen puido matar a estes animais que viven nun lugar onde non molestan a ninguén.
Os propietarios dos cabalos deberán agora retirar os seus cadáveres do monte. Saben que será moi complicado xa que non houbo testemuñas, pero agardan que a investigación da Garda Civil dea resultados.