Reparan o burato causado pola rotura dunha tubaxe en Oleiros
Publicado o 15/02/2019 16:08
En Oleiros xa están a reparar a tubaxe que rompeu e causou un burato enorme nunha beirarrúa. Foi o mércores, a carón da estrada que vai de Santa Cristina a Santa Cruz. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.
A tubaxe de recollida de augas pluviais rachou e a auga foi erosionando o terreo ata causar o afundimento da beirarrúa. Segundo informou o Concello, agora vaise facer un muro, reparar a tubaxe e asfaltar.