Un farmacéutico, un camareiro e un cliente deteñen un ladrón na Coruña
Publicado o 22/02/2019 13:06
Detido un atracador reincidente no barrio coruñés de Elviña
A policía prendeu o atracador reincidente do barrio coruñés de Elviña.
A detención tivo lugar onte, despois de que intentara asaltar, por segunda vez nun mes, esta farmacia. Ao parecer, o farmacéutico sorprendeu o ladrón cando ameazaba cun coitelo unha empregada. Saíron á rúa e, coa intervención doutras dúas persoas, retiveron o atracador ata que chegou a policía.