CRTVG

Buscar

Unha avioneta esnáfrase en Segovia e morren os seus dous ocupantes

Publicado o 24/02/2019 20:39

Dous homes morreron hoxe ao esnafrarse a súa avioneta nas proximidades do aeródromo da Nava, na provincia de Segovia. Un veciño viu caer o aparello e comprobou ao achegarse que os ocupantes estaban aínda inconscientes.

Chamou daquela aos servizos de urxencia, que apenas puideron certificar o seu falecemento. De momento, descoñécense as causas do accidente, que ocorreu a un quilómetro das instalacións do aeródromo, pechado e sen uso desde hai dous anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2019