CRTVG

Buscar

"Coidarse e confianza nos médicos" é o consello dos enfermos de coronavirus

Publicado o 14/02/2021 15:24

Montse Bermúdez, recorda como lle afectou o virus: "O que peor levei foi a dor, tiven dor, e non poder falar coa familia. Sabía que estaban aí pero, claro, estaban en corentena. Tiven que coller a ambulancia eu soa".

Montse deixaba na casa en Coristanto cinco persoas, parte delas maiores. Ten 42 anos e foi a única contaxiada da familia. Estivo quince días hospitaliza, oito deles na UCI.
"Eu non era consciente do perigo que corrín". "Collín pneumonía despois tivéronme que levar á UCI por unha inflamación respiratoria e despois diso descubriron que me dera un trombo ao pulmón". "Os primeiros días que estiven na UCI estiven entubada e sedada, polo cal cando pasaran oito días eu pensei que pasaran dous". "Cando espertei aínda tardei dous ou tres días en terme de pé, as pernas non me podían".

Hai tres semanas que saíu do hospital. Continúa de baixa e con moito cansazo.

"Eles tratáronme moi ben, déronme moito ánimo e, a verdade, tomeino moi positiva, para o negativa que son, a verdade", di.

"Como te encontras hoxe?" "Ben, mellor que os días anteriores. Estou notando unha sensible melloría e grazas a vós, loxicamente". O día amenceu algo mellor hoxe para Celso no hospital de Ourense, onde leva unha semana. A diabetes sitúao entre a poboación de risco, pero a súa evolución é boa.

"Este virus descoñécese a onde pode chegar, o único que pido é que se coide toda a xente", di Celso. " E se un resulta positivo, que confíe nos médicos e no hospital", sinala Montse.

Noticias web

14/02/2021