CRTVG

Buscar

Coidar a horta e pasear en grupo como terapia

Publicado o 09/07/2020 15:40

Persoas con trastornos mentais graves coidan un horto na terraza do hospital de Ourense. Unha terapia grupal ao aire libre moi axeitada nestes tempos de pandemia que lles achega moitos beneficios.

Eles, usuarios do hospital de día de saúde mental, son os que lle dan vida ao horto da terraza do novo edificio do Complexo Hospitalario de Ourense.

Responsabilizarse dos coidados das flores e dos produtos da horta mellora o benestar destas persoas que sofren doenzas mentais graves.

Ademais, todas as mañás camiñan en grupos de oito uns 7 quilómetros. Son pacientes que participan nun estudo sobre os beneficios de incluir na súa rutina diaria o exercicio físico.

Son algunhas das terapias grupais que fan no exterior pola covid que ofrecen no hospital de día do servizo de psiquiatría que atende en Ourense 25 pacientes.

Noticias web

09/07/2020