CRTVG

Buscar

Os maiores deben manter a mente activa no confinamento

Publicado o 03/04/2020 21:43

En España, segundo o Instituto Nacional de Estatística, case 12 millóns de persoas, ten 65 anos ou máis. Son o 20 % da poboación. Sabemos tamén que son o grupo máis vulnerable desta crise sanitaria. Por iso cómpre que, a poder ser, no seu caso o confinamento sexa total. Porén é moi importante que este confinamento estea combinado cunha mente activa

Pero non pensen que todo van ser actividades e traballo, tamén ten que haber tempo para o descanso e non sobrecargar o día. Os xogos, no caso de que estea acompañado, sempre virán ben. E por suposto, o aire é fundamental. Para quen teña can, ese paseo é o mellor momento do día. Para os que que non, saír á ventá ou ao balcón, un auténtico pracer necesario.

Noticias web

03/04/2020