CRTVG

Buscar

Coidado co deporte tras pasar a covid: quedan secuelas no corazón a curto prazo

Publicado o 25/09/2020 15:28

A maioría dos pacientes que superan a covid, tanto se foron asintomáticos coma leves ou graves, quedan con secuelas no corazón, algo que fai perigoso practicar deporte. Iso detectou un recente estudo alemán.

Pero o xefe de Cardioloxía do CHUS, José Ramón G. Juanatey, asegura que esas secuelas se superan pasados tres ou catro meses e entón o paciente pode recuperar a súa vida normal e retomar a actividade física.

Noticias web

25/09/2020