"Cohete" Suárez gaña o Rally de Ourense e o galego Iván Ares acaba de segundo
Suárez e Iglesias non deron opción aos seus rivais na 34ª edición do Rally de Ourense. En total: unha hora, 25 minutos e 28 segundos aos mandos do seu Skoda Fabia R5. O asturiano rachou co seu particular maleficio na proba ourensá, despois de varias tempadas rozando o primeiro posto na clasificación.
A segunda posición foi para a parella que forman o piloto de Cambre Iván Ares e Vázquez, que empregaron 49 segundos máis que os gañadores e xa pensan na proba de Roma, na que non terán ningunha presión.
A terceira posición foi para José Luis Peláez e Rodolfo del Barrio, a catro minutos, moi lonxe dos primeiros, pero favorecidos pola dobre picada de Jan Soláns, que estaba afundido en liña de meta.
Soláns e Sanjuán gañaron como premio de consolación o TCPLUS.