CRTVG

Buscar

COFAGA estuda integrarse en Bida Farma, distribuidora con sede en Granada

Publicado o 21/04/2017 09:38

A operación vaise someter á votación dos socios da cooperativa galega o próximo 13 de maio

A Cooperativa Farmacéutica Galega, COFAGA, estuda integrarse en Bida Farma, unha distribuidora con sede en Granada.

A operación vaise someter á votación dos socios da cooperativa galega o próximo 13 de maio. Se sae adiante, faríase efectiva o ano que vén. Bida Farma é froito da unión de 8 cooperativas e manexa arredor do 20% da cota de mercado nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017